Translate

sábado, 18 de octubre de 2014

Unha nova concepción formal

Esculturas de distintos formatos, realizadas en papel, animan metáforas visuais cargadas de significados. Na multiplicidade de tentativas artísticas de hoxe en día, Radu sitúase fronte á representación a través dun material, só aparentemente fráxil e quebradizo, co que reinterpreta de xeito creativo o discurso da escultura actual.
    Nestas últimas pezas, producidas polo autor compostelán, con títulos tan ocurrentes como "Pirata con polbo" ou “Cadeira RIP", provócase un deliberado xogo dialéctico co humor surrealista, unha particularidade, que é destacada no texto de presentación da mostra polo escritor Salvador García Bodaño: "Radu crea un mundo imaxinario de imprecisión figurativa e, en determinadas pezas, dunha xusestiva identidade de esencial aparencia surrealista".

Mercedes Rozas










1 comentario: